Política Estado Español

CHAMAMENTO DA CRT

¿Que facer? A esquerda anticapitalista fronte ao fracaso do neorreformismo no Estado español

A ofensiva reaccionaria do Réxime contra o movemento democrático catalán, a persistencia da crise social e o fracaso das apostas políticas neorreformistas, impoñen a necesidade de abrir o debate sobre a construción dunha forte esquerda anticapitalista e revolucionaria no Estado español.

Miércoles 31 de enero | 09:48

En castellano

En català

Introdución

A crise que viviu o Réxime do 78 nos pasados meses coa irrupción do movemento democrático catalán ten sido o maior desafío ao Estado herdeiro da ditadura no último período. A pesares da imposición do 155 e da derrota da aposta independentista -unha responsabilidade que recae non só na ofensiva represiva do Estado, se non tamén na capitulación da dirección burguesa e pequena burguesa do “procés”-, as razóns de fondo que abriron dita crise aínda seguen presentes.

Por unha banda, a chamada “recuperación económica” atopa os seus límites nun marco internacional de certa recuperación mais sen perspectivas a medio prazo (con baixa inversión, baixo crecemento do comercio internacional e da produtividade, e burbullas financeiras que están en niveles “pre-crise”). Mais, ao tempo, segue a descansar sobre os ombros da clase traballadora e os sectores populares o desemprego de masas, a precariedade, a deflación salarial e o desmantelamento dos servizos públicos, e máis outros dereitos como as pensións. Unha ampliación da miseria que golpea especialmente á mocidade, as mulleres e aos inmigrantes. Por outra banda, as grandes demandas democráticas que se expuxeron do 15M en adiante, como o rexeitamento á “casta política” e a súa corrupción, á Coroa e en xeral a esta democracia para ricos, seguen vixentes.

Neste marco, a esquerda neorreformista mostrou a súa incapacidade por expresar unha política de independencia de clase fronte aos distintos bandos burgueses que unificara as reivindicacións democráticas cun programa que dea saída aos padecementos das maiorías obreiras e populares. Unha bancarrota que ten o seu paralelo noutras experiencias da esquerda europea como Syriza, convertida hoxe en fiel aplicadora do memorando da Troika, e que non se pode separar do ascenso da extrema dereita que se está vivindo en diversos países do continente ou o triunfo de Trump nos Estados Unidos.
O fracaso de proxectos políticos como Unidos Podemos no Estado español ou a CUP en Catalunya, expoñen o problema de que tipo de esquerda é preciso construír. E cando falamos de fracaso non nos referimos ao seu retroceso electoral, que tamén existe e para eles é un evidente sinal de crise, se non a súa incapacidade para ser un instrumento de transformación radical da sociedade a favor das necesidades da clase traballadora e os oprimidos.

Dende a CRT e “Izquierda Diario” asumimos a responsabilidade de “mover ficha” e abrir o debate. ¿O noso obxectivo? Avanzar na construción dunha forte esquerda anticapitalista, revolucionaria, internacionalista e da clase traballadora no Estado español, que de primeiras propóñase enfrontar a ofensiva reaccionaria que percorre todo o Estado, mais que ao mesmo tempo se prepare para a irrupción de novos fenómenos da loita de clases.

O intento do bloque monárquico de impoñer unha restauración reaccionaria do Réxime do 78

A resposta represiva da Coroa, os partidos monárquicos e a Xudicatura para liquidar o movemento independentista catalán agocha un obxectivo máis amplo: o intento de pechar a cuestión catalá e a propia crise do Réxime do 78 pola vía reaccionaria.

A pantalla ideolóxica do “españolismo” desatado ao calor da crisis catalá encubre a intención de re-prestixiar á Monarquía e á Constitución do 78 para avanzar cun modelo territorial máis centralizado. Ao mesmo tempo, busca dar máis poder ao “partido xudicial”, que hoxe atópase á cabeza dunha “nova inquisición” perseguindo asliberdades democráticas con fallos aberrantes como a prisión aos líderes do “procés” catalán por “rebelión”, os procesos a tuiteiros, periodistas, artistas ou os casos dos xoves de Altsasu, Alfon, ou intento do goberno de impedir a investidura de Carles Puigdemont. Deste xeito, o Réxime proponse recobrar unha certa estabilidade coa que poder continuar coa axenda de recortes e contrarreformas que demanda o capitalismo español, a UE e os acredores de débeda, comezando por liquidar o sistema de pensións público, novos axustes fiscais e outra reforma laboral en clave precarizadora.

Aínda non está escrito que este proxecto poda imporse. En primeiro lugar, hai un bo número de contradicións internas para acadalo. Non hai unanimidade sobre o grado de re-centralización que o PP e Cidadáns queren impor vía 155 e as intervencións de contas a Comunidades Autónomas e Concellos.

Ao tempo, a loita aberta pola hexemonía da dereita tralo afundimento do PP e o ascenso de Cidadáns en Catalunya, pon límites á unidade de propósitos dentro do bloque monárquico ás portas dun novo período electoral.

Por outra banda, aínda que circunstancialmente se ten acadado unha estabilización conservadora no Estado español e unha paralización do movemento catalán, este proxecto pode voltar a atoparse fronte á mobilización social a pesares das súas direccións e unha rea-apertura por abaixo da crise do Réxime, como vimos no ciclo de loitas do 2011-2014 ou nos pasados meses en Catalunya.

Fronte ao intento de restauración conservadora do Réxime e a probable reactivación da axenda de recortes, na situación atópase inscrita a posibilidade de que rexurdan novas loitas democráticas (comezando pola catalá, mais tamén contra a ofensiva represiva do Estado e a Xudicatura), das mulleres (que veñen protagonizando un fondo movemento que o próximo 8 de marzo inundará as rúas en todo o Estado impulsando a folga feminista), da xuventude (cuxa xeración máis moza soamente viviu a crise, a precariedade laboral, a depresión e a falta de futuro) e da clase traballadora (especialmente dos sectores máis precarizados, que no último período teñen protagonizado distintas loitas e procesos de organización significativos).

Isto é así porque, aínda que a ofensiva da dereita impregna o escenario político, as tendencias á “crise orgánica” (segundo Antonio Gramsci, “unha crise de hexemonía da clase dirixente, unha crise de autoridade do Estado no seu conxunto”, produto da separación entre as masas e as súas representacións tradicionais) mantense con toda a súa forza. É esa fenda a que deixa aberta esa crise por onde a loita de clases pode colarse máis cedo que tarde.

Da ilusión política a ser a pata esquerda do Réxime: a esquerda neorreformista non pasou a proba

Para obturar a restauración reaccionaria en curso e impor unha saída á crisis do Réxime e o capitalismo español a favor das maiorías obreiras e populares, é preciso que a forza social da clase traballadora, as mulleres e a mocidade póñanse en marcha coa súa propia “folla de ruta”. O problema é que as actuais representacións políticas da esquerda neorreformista que poderían promover esta dinámica sitúase nas antípodas de esta perspectiva. Este es o balance das políticas “do cambio” nos últimos anos.

El xurdimento do novo reformismo -encarnado en Podemos, as confluencias e en alianza co reformismo tradicional de Esquerda Unida deuse no marco dun esgotamento do ciclo de mobilizacións do 2011-2012. Este refluxo do “social” estivo propiciado polo rol das direccións burocráticas dos grandes sindicatos que se negaron e boicotearon calquera posibilidade dunha entrada en escena da clase traballadora á altura dos ataques que se estaban a levar adiante. Os dirixentes de CCOO e UXT desapareceron despois da segunda xornada de folga de 24 horas do 14N de 2012, despois de teren illado e levado á derrota a gran folga mineira dese mesmo ano.

Nese marco, a esquerda sindical foi incapaz (en parte pola súa debilidade, mais tamén polos seus propios erros sectarios) de usar as súas posicións para mostrarse como alternativa ou contra-tendencia á política da burocracia sindical. Nun escenario de fragmentación das filas da clase traballadora, os sectores sindicais que se reivindican anti-burocráticos e combativos non souberon expor unha perspectiva superadora da atomización das propias organizacións da clase traballadora.

Podemos presentouse como a expresión política do descontento social, vendendo a ilusión de que o único cambio posíbel viría da vía de conquistar posicións de goberno pola vía electoral. Cun programa reformista, que nun principio recollía parcialmente parte das reivindicacións do 15M en adiante, emerxeu nas europeas e municipais acadando as súas primeiras posicións gobernamentais nas principais capitais do Estado. Porén, construíu un novo tipo organización política “de esquerda” confinada aos estreitos límites “institucionais” permitidos polo Réxime, nos cales non se pode transformar absolutamente nada dende o punto de vista da dominación capitalista. Así, das ideas máis “radicais” dos seus inicios, rapidamente Podemos foise domesticando, diminuíndo o seu programa ata a mera reforma constitucional e o co- goberno co PSOE.

Carecendo de influencia orgánica na clase traballadora (a diferencia do reformismo clásico), Podemos reforzou a “obra” da burocracia sindical de CCOO e UXT para calmar a rúa, colaborando complementariamente no mantemento da división e fragmentación social e material da clase obreira.

Cando nos achegamos ao terceiro aniversario dos chamados “concellos do cambio”, estas experiencias de goberno mudáronse na proba máis evidente de como a “esquerda do cambio” topouse co muro dos grandes poderes capitalistas urbanos. O fin dos desafiuzamentos e a falta de vivenda contrastou coa súa negativa a enfrontárense aos bancos e impulsar a expropiación das vivendas en mans da banca. Demandas como a re-municipalización de servizos abandonáronse para seguir deixando en mans dun puñado de multinacionais servizos públicos esenciais. E nin tan sequera os prometidos “plans de emerxencia cidadá” puxéronse en marcha froito do acatamento dos límites de gasto e ata as intervencións de Montoro, como a do Concello de Madrid.

Paralelamente, o co-goberno co PSOE ensaiouse en Barcelona co extinguido pacto co PSC, coa entrada de Podemos no goberno de Castela a Mancha e o sostén parlamentario a este partido en Aragón e outras comunidades. No caso galego en goberno comúns co PSOE en Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol. Por último, a súa posición cara a cuestión catalá rematou de confirmar a integración no Réxime do 78 como a súa nova pata esquerda, negándose a recoñecer o resultado do 1-O e o dereito á autodeterminación de Catalunya, e moito menos a impulsar a máis mínima mobilización no resto do Estado contra a ofensiva represiva do Estado e a monarquía.

O acelerado proceso de domesticación de Podemos (e subsidiariamente dos seus socios de Esquerda Unida, Anova e Compromís) mudou á forza política de esquerda máis potente dos últimos 20 anos no Estado español nun partido inofensivo para o Réxime e os capitalistas, formado por novos “profesionais da política” que veñen na súa meirande parte da pequena burguesía ilustrada, cun discurso moderado ao extremo e sen “épica”, completamente burocratizado e cada vez con menos militancia real.

A esquerda independentista e a súa impotente subordinación á dirección burguesa e pequenoburguesa do “procés”

A outra gran folla de ruta pola que apostou unha boa parte da esquerda nestes últimos anos, en especial en Catalunya, foi a que se referenciaba na CUP e a súa política no proceso catalán. Esta expuña que a ruptura territorial do Estado español poría, por si mesma, desencadear o derrubamento do Réxime do 78 e a concatenación de procesos de “ruptura” no resto do Estado. Todo isto, ademais, con independencia de quen estivera á fronte da loita pola independencia de Catalunya e do proxecto social que encarnara a futura república catalá.

Os resultados do proceso catalán constataron que se trataba doutra “ilusión”, neste caso na que a alianza cos representantes políticos da burguesía e a pequena burguesía catalá eran a vía para que a loita polos dereitos democráticos en Catalunya puidera desatar un proceso de “ruptura” ou “revolución democrática”.

A dirección “procesista” ten demostrado que en ningún caso estivo disposta nin tan sequera a provocar dita “ruptura” co Estado. A profundidade do movemento catalán e en especial a gran mobilización social e os elementos de auto-organización postos en marcha dende as semanas previas ao 1-O -que tiveron a súa continuidade coas folgas xerais do 3-O e o 8N-, os levou máis lonxe do que eles mesmos querían. O referendo tivo lugar e o 27-O incluso realizouse una proclamación de independencia. Porén, como era de agardar, xusto despois optaron por unha claudicación en toda a liña que continúan afondando co retorno á “vía negociadora”.

A política de “man estendida” da CUP converteu á esquerda independentista, e ao resto da esquerda anticapitalista que a asumiu, nunha forza subordinada politicamente na loita de clases á folla de ruta burguesa do “procesisme”. A “etapa democrática” á que había que chegar da man das direccións burguesas e pequenoburguesas mostrouse, unha vez más na historia, unha utopía reaccionaria. Para conquistar o dereito de autodeterminación ata o final era preciso por en marcha grandes forzas sociais, coa clase obreira á fronte. Porén, este escenario foi rexeitado polo PDeCAT, ERC e as entidades soberanistas, fieis á súa composición de clase.

Ao tempo, sendo este un elemento fundamental do balance, o feito de que o proceso fora dirixido por estas formacións, responsables do sufrimento da crise por parte da clase traballadora e sectores populares de Catalunya, detrás dun programa de construír unha república burguesa que no esencial pouco se diferenciaba do Réxime actual, foi un obstáculo para que importantes sectores da clase traballadora catalá sumáranse ao movemento e para poder espertar a solidariedade no resto do Estado. Unha dinámica á que tamén contribuíu por un lado a nefasta política do novo reformismo e a burocracia sindical abandonando ao movemento democrático catalán, e por outro a mesma esquerda independentista que se non tomou ningunha iniciativa para vincular a loita do pobo catalán coa clase traballadora e os sectores populares do resto do Estado.

Se a estratexia de Podemos fracasou pola súa submisión aos límites do Réxime do 78, a da CUP naufraga na súa subordinación aos representantes históricos da burguesía e da pequena burguesía catalás. A política de ambas formacións, porén, ten un denominador común: a confianza en que calquera proceso de transformación política só poderá conquistarse dende arriba ou, no mellor dos casos, con posicións no réxime e movementos sociais que presionen dende afora, pero en ningún caso mediante a loita de clases independente.

Ilusións reformistas e debilidade da esquerda anticapitalista: a urxente necesidade dunha alternativa independente dos partidos do Réxime

Como amosan as enquisas electorais, as ilusións no neorreformismo comezan a retroceder. Nas últimas declaracións Pablo Iglesias sostivo que coa crisis catalá produciuse un “xiro reaccionario de estilo monárquico”, cuxa consecuencia sería que o PSOE “renunciou a que sexamos o seu socio preferente, e isto non é boa nova para o cambio político”. Mais o que pretendía ser unha autocrítica non é máis que unha autoxustificación. ¿Non debería unha forza política como Podemos, que xunto a EU e as Mareas ten 67 deputados no Congreso e goberna nas principais cidades españolas, preguntarse si ten algunha responsabilidade no xiro conservador da situación? Nós creemos que si. Porque as relacións de forzas desfavorables non caen do ceo. Son produto de derrotas, ou peor aínda, como é o caso, de derrotas sen loita.

Ao non enfrontaren ao Réxime, promovendo unha política de conciliación de clases dacordo con Pedro Sánchez e situándose como furgón de cola do bloque constitucionalista en Catalunya, Unidos Podemos abriu o espazo non só á recomposición dos social-liberais do PSOE, se non tamén ao ascenso da nova dereita de Cidadáns, que busca presentarse como unha “solución” aos problemas das masas. Unha situación na que a CUP comparte responsabilidade, aínda que a súa adaptación foi en sentido oposto, á dirección que a todas luces dirixíase a unha capitulación anunciada.

Mais sería un erro recoñecer esta realidade e non o feito de que á esquerda de Podemos (ou da CUP), aínda non existe unha alternativa política viable. Catalunya, por ter sido o punto más crítico para o Réxime nas últimas décadas, é quizais a demostración más dura disto. A ausencia dunha forte forza política que se situara de xeito totalmente independente das diferentes variantes burguesas, que se propuxera desenvolver os métodos da loita de clases e erguer un programa que xuntara as demandas democráticas como o dereito a decidir ou a loita por procesos constituíntes, cun programa anticapitalista e de clase, deixou sen alternativa a un movemento que está sendo conducido á derrota pola combinación da represión e a claudicación da súa dirección.

Neste escenario, a debilidade da esquerda que se reivindica anticapitalista e revolucionaria para expor unha alternativa, tanto en Catalunya como no resto do Estado, fíxose patente. En primeiro lugar, porque nestes últimos anos unha boa parte da esquerda que se reivindica anticapitalista liquidouse política e incluso organizativamente, sexa pola vía da adaptación ao novo reformismo ou á política de conciliación de clases da esquerda independentista.

É o caso de Anticapitalistas, que despois da irrupción do 15M chegou a ser a organización anticapitalista máis forte do Estado, e hoxe está disolta como unha corrente interna en Podemos e renunciou abertamente a todo horizonte de transformación revolucionaria da sociedade, asumindo plenamente a folla de ruta da xestión do capitalismo e o co-goberno co PSOE. O exemplo do Concello de Cádiz, dirixido por Anticapitalistas, ilustra como non marcar ningunha diferencia co resto de concellos del cambio. Mais mesmo fronte as posicións máis aberrantes de Podemos, como a sostida en Catalunya, as súas principais figuras públicas, Teresa Rodríguez e José María González, “Kichi”, saíron a rexeitar o recoñecemento da república catalá e a pechar filas detrás do constitucionalismo de Iglesias.

Outro grupo que seguiu a senda da liquidación foi o extinto “En Lucha”, que decidiu disolverse dentro de Podemos e na CUP no caso de Catalunya, reivindicando abertamente a renuncia a construír unha organización revolucionaria independente e a política de servir de conselleiros de esquerda para as direccións reformistas de distinto tipo emerxidas do 15M ou do proceso catalán.

Noutro nivel, diferentes grupos que se reivindican da tradición “marxista-leninista” (estalinista) no Estado español se presentan como críticos á política de Podemos, EU ou incluso a CUP por diferentes motivos, pero no seu programa e estratexia defenden unha perspectiva de revolución por etapas (en virtude da cal se consideran como aliados a sectores da burguesía que deveña en “democrática” ou “republicana”) e unha volta ao Estado nación en clave “soberanista de esquerda”.

Outras organizacións, porén, como Corrente Vermella, IZAR, a nosa propia organización, a CRT, e outros grupos máis pequenos, témonos mantido como organizacións revolucionarias independentes á esquerda do neorreformismo. Outros grupos, aínda participan dentro das organizacións reformistas, mantéñense como correntes políticas con distinto nivel de independencia política e organizativa, como “Izquierda Revolucionaria” (que segue practicando “entrismo sui generis” en Podemos e IU) ou “Lucha Internacionalista” (que milita dentro da CUP).

Falamos de organizacións que van de varias decenas a algúns centos de militantes, con distinto nivel de intervención na loita de clases e os sindicatos, a mocidade, o movemento de mulleres, etc. Todos eles, alomenos discursivamente, defenden unha política obreira, anticapitalista e revolucionaria, e reivindícanse do legado teórico e político do marxismo revolucionario, de Lenin, Trotsky e a revolución de Outubro, así como o combate contra a monstruosa dexeneración burocrática da URSS en mans do estalinismo, e da tradición da Cuarta Internacional.

Ningunha delas, porén, pode no seu propio nome reivindicarse como o “partido hexemónico” ou “a dirección revolucionaria” da clase traballadora no Estado español (sen caer no ridículo), nin representa por si mesma unha alternativa política viable á crise do neorreformismo.

Con todas estas organizacións, dende a CRT mantemos distintos niveis de diferencias, tanto programáticas, como teóricas e estratéxicas, nalgúns casos moi fondas (por mencionar só algunhas, sobre cuestións internacionais de primeira orde como a avaliación dos gobernos “post-neoliberais” en América Latina, a relación entre as reivindicacións democráticas e o programa revolucionario, a guerra civil en Siria ou a posición fronte a “primavera árabe”, sobre a política revolucionaria cara os sindicatos, a posición política fronte ao neorreformismo ou a esquerda independentista, os métodos de construción de partido, entre outros), as cales fundamentan a existencia de distintos grupos e correntes. Porén, cremos que o fracaso da estratexia neorreformista, así como o recoñecemento da debilidade da esquerda anticapitalista, preséntanos a quen nos reivindicamos anticapitalistas e revolucionarios a responsabilidade de abrir o debate sobre unha nova hipótese política para a esquerda no Estado español.

Ao tempo, existe tamén un amplo sector de activistas xuvenís e sindicais independentes, que non militan organicamente en ningunha organización política, mais loitan diariamente na súa universidade, instituto, empresa, sindicato ou no seu barrio contra os ataques das patronais e o Goberno. Moitos deles depositaron maiores ou menores ilusións en Unidos Podemos e nas Mareas, os chamados “concellos dos cambio” ou a CUP, mais hoxe transitan un proceso de reflexión e crítica en busca dunha nova perspectiva política.

Entre as organizacións da esquerda revolucionaria e o activismo obreiro e xuvenil que ven resistindo nos últimos años, en xeito independente do neorreformismo e toda variante de colaboración de clases, cremos que está delimitado o terreo dende o cal abrir o debate sobre a necesidade estratéxica de que xurda unha alternativa política revolucionaria para o próximo período.

Rachar coa rutina e abrir o debate sobre como construír unha forte esquerda anticapitalista, revolucionaria e da clase traballadora

A CRT ven de batallar por influír a sectores cada vez máis amplos da clase obreira, as mulleres e a mocidade en todo o Estado como parte do combate por poñer en pé un gran partido revolucionario e internacionalista no Estado español. Unha loita que para nós é internacional, e en primeiro lugar europea. A tarefa de forxar fortes partidos no vello continente, armados cun programa transicional revolucionario como parte da loita por construír unha internacional da revolución socialista (para nós a Cuarta Internacional), é una tarefa vital para enfrontar a crise da UE e as “alternativas” reaccionarias que gañan terreo dende posicións xenófobas e nacionalistas ante o fracaso de experiencias neorreformistas como a grega.

Estamos orgullosos de ter apoiado e sido parte das principais loitas obreiras do último período, como a loita dos traballadores e traballadoras de Panrico e Coca-Cola, onde contribuímos a soldar a unidade e a coordinación, a loita das contratas de Movistar, das traballadoras precarias dos hoteis (As Kellys) ou a dos mozos precarios de Telepizza, que impulsan a campaña estatal contra a precariedade laboral #ValemosMasQueEsto, para enfrontar a precariedade que nos ofrecen as patronais. Como parte da nosa loita contra a burocracia sindical, pola fronte única obreira e a independencia de clase, somos parte das Marchas da Dignidade, un espazo de fronte único da esquerda política e sindical cun programa progresivo que nos últimos años actuou como contratendencia á pasivización imposta polo neorreformismo e a burocracia sindical.

Somos parte do movemento de mulleres, onde impulsamos un ala anticapitalista, pondo en pé a organización feminista socialista Pan e Rosas, xunto a decenas de traballadoras e estudantes. Unha organización internacional de mulleres para loitar día a día contra todas as opresións deste sistema capitalista e patriarcal. Dende Pan e Rosas, xunto con compañeiras independentes, impulsamos xunto coas Kellys unha gran campaña contra as violencias machistas -una cadea cuxo último eslavón son os feminicidios-, contra a precariedade e a desigualdade nas condicións laborais, en defensa dos nosos dereitos conquistados, como o tan elemental dereito ao aborto libre e de balde para todas, e por desenvolver un gran movemento de mulleres nas rúas, en xeito independente dos patróns, os seus partidos e o seu Estado. Con esta perspectiva este 8 de marzo estaremos na primeira fila por facer unha gran folga feminista, en alianza con todas as mulleres e homes da clase traballadora.

Ao tempo, loitamos por organizar o movemento xuvenil e estudantil e crear correntes anticapitalistas, impulsando agrupacións amplas como “Armas de la Crítica” en Madrid –que xunto a Pan e Rosas e a lista “Revoluciona tu Universidad” acaba de gañar a maioría do claustro estudantil de Filosofía na UAM-, “No Pasarán” en Barcelona -nada no 15M baixo a bandeira de levar as asembleas aos lugares de traballo e apoiar as loitas dos traballadores-, o “SEI” (Sindicato de Estudantes de Esquerdas), con anos de historia en Zaragoza, e noutras cidades como Vigo ou Burgos, conformando unha “rede de agrupacións anticapitalistas e revolucionarias”. Propomos construír unha mocidade anticapitalista e revolucionaria no seo do movemento estudantil, unha mocidade anticapitalista, feminista, antirracista, internacionalista, que defenda a vixencia do marxismo, que enfronte ao antidemocrático réxime universitario e a ideoloxía dominante que se profesa dende a academia, que impulse a auto-organización e loite por un programa de alianza obreiro-estudantil. Que tome a universidade tamén como unha trincheira da loita ideolóxica en defensa do marxismo, como vimos facendo co impulso da Cátedra Libre Karl Marx en distintas cidades e co impulso no Estado español do proxecto editorial de Ediciones IPS-CEIP de Arxentina e a Asociación Izquierda Diario no Estado español.

O lanzamento de Izquierda Diario hai máis de dous años, enmárcase neste proceso de intervención política. Foi o comezo dun proxecto de periodismo militante audaz e inédito na esquerda española, co obxectivo de achegar a decenas de miles non só as ideas de esquerda anticapitalista e de clase, se non tamén ás experiencias de autoorganización e de loita das traballadoras e traballadores. Un periódico dixital que é parte dunha Rede Internacional de Diarios, que se publican en 12 países e en 9 idiomas (castelán, catalán, galego, portugués, inglés, francés, alemán, italiano y turco)], un verdadeiro “organizador colectivo” internacional como parte da batalla diaria por poñer en pé unha esquerda revolucionaria vencellada na clase obreira, as mulleres e mocidade de diversos países. Porque para nós o internacionalismo non é unha definición abstracta se non unha práctica militante concreta. Con esta ambición, en poucos meses Izquierda Diario alcanzou unha importante repercusión, superando amplamente os accesos aos sitios web de outras correntes que se reivindican da esquerda revolucionaria.

Estes avances apoiáronse na formación a contracorrente dun grupo de militantes na estratexia revolucionaria, o internacionalismo e a loita por levar as ideas do marxismo revolucionario á clase traballadora e a mocidade, nun contexto social onde primaron nun primeiro intre as derrotas da ofensiva neoliberal e nun segundo intre as ilusións reformistas. Todas as iniciativas, proxectos e esforzos que despregamos nos últimos anos dende a CRT (e antes como Clase contra Clase), foron postas ao servizo de construír un gran partido de traballadores revolucionario que supere aos proxectos neorreformistas. Una tarefa que non achamos coma un desenvolvemento evolutivo da nosa propia organización, se non como parte dun proceso de loita política, teórica e estratéxica, no que nos propomos debater e confluír con outros sectores de xoves, traballadores e militantes da esquerda que se reivindica revolucionaria.

Con este espírito impulsamos dende 2015 a fronte política “Non Hai Tempo Que Perder” xunto a compañeiros y compañeiras de IZAR, activistas independentes e outras organizacións que se reivindican anticapitalistas e revolucionarias. Para nós, unha moi importante iniciativa, aínda a pequena escala, de avanzar nunha experiencia político práctica e de debate programático e estratéxico, cuxos fundamentos non só se manteñen na actualidade, se non que refórzanse pola crise do neorreformismo e o balance da “proba” catalá.

Ao calor das leccións de Catalunya e de tres anos de experiencia neorreformista, a esquerda que se reivindica anticapitalista e revolucionaria, así como os sectores máis conscientes do sindicalismo de esquerda, da mocidade combativa e o activismo independente, temos unha disxuntiva ante a cal ben paga a pena a famosa interrogación de Lenin: “¿Que facer?”.

Se a liquidación política dentro do neorreformismo ou a subordinación fronte-populista a algún sector burgués “democrático” só levaron ao fracaso, a auto-compracencia sectaria e a irrelevancia non representan un destino moito máis alentador para a esquerda revolucionaria. Por iso é preciso superar a rutina propia da vida de “pequenas fracciones”, atrevéndose a verificar no terreo do debate programático e estratéxico, así como na práctica política común e a loita de clases os acordos e diferencias.

A alternativa é comezar a construír en base a balance da experiencia do neorreformismo e a esquerda independentista, unha esquerda que sexa verdadeiramente anticapitalista e da clase traballadora, que faga súa a bandeira da defensa dos dereitos democráticos dende a independencia de clase e sen subordinarse a ningún “campo” burgués; que tome nas súas mans a tarefa de organizar aos sectores máis explotados e precarios da clase traballadora, as mulleres e a mocidade, enfrontando ás burocracias sindicais e políticas; que loite por superar a fragmentación das filas da clase traballadora, impulsando a fronte única obreira e a unificación de todos os sectores do sindicalismo combativo e anti-burocrático; que se propoña enfrontar ao Réxime do 78 e o intento de restauración conservadora, loitando por procesos constituíntes verdadeiramente libres e soberanos, na perspectiva dun goberno de traballadores que expropie aos expropiadores e unha libre federación de repúblicas obreiras ibéricas; e que o faga loitando por unha saída obreira e internacionalista á crise da UE, que non pase pola volta ao Estado nación sino pola construción dos Estados Unidos Socialistas de Europa.

Unha esquerda así é a que está construíndo en Arxentina na Fronte de Esquerda e dos Traballadores, que encabeza a nosa organización irmá, o PTS (Partido de los Traballadores Socialistas), xunto a outras organizacións revolucionarias trotskistas como o Partido Obreiro e Esquerda Socialista.

A Fronte de Esquerda en Arxentina é actualmente o maior exemplo a nivel mundial de que os revolucionarios poden gañar influencia en sectores masivos da clase obreira e a xuventude, e incluso conquistar fortes posicións electorais, sen relegar un programa de transformación revolucionaria da sociedade. Así o demostran compañeiros como Nicolás del Caño, Myriam Bregman ou Alejandro Vilca, defendendo abertamente un programa anticapitalista no parlamento como unha tribuna para desenvolver a loita de clases xunto a decenas de miles que veñen enfrontando nas calles o axuste antiobreiro e a represión do Goberno de Macri. Un axuste contra os pensionistas e a clase traballadora, que, porén, comeza a mostrar os seus límites e expón novos desafíos da esquerda e o movemento obreiro en Arxentina para enfrontar e derrotar ao goberno do empresario Macri.

No Estado español, a persistencia da crise orgánica e a experiencia que cada vez máis sectores están a facer coas formacións neorreformistas –aínda que a “ilusión” que xera en amplas capas é aínda moi grande- pode dar lugar a novos fenómenos políticos sobre os que poda fundarse unha forte esquerda revolucionaria como a que se está a desenvolver en Arxentina.

Con este obxectivo, avanzar en achegamentos políticos e programáticos entre organizacións e activistas independentes, establecendo un marco para a intervención común na loita de clases sobre os cales poder verificar acordos e diferencias, é para nós unha tarefa preparatoria de primeira orde que debe estar na axenda de toda organización que se propoña a combater por unha saída revolucionaria e dos traballadores á crise actual.

Algunhas propostas para avanzar

Na CRT consideramos que é posible dar pasos nesta dirección e para isto propomos tres primeiras propostas que poderían ser útiles para avanzar:

1) En primeiro lugar, propomos abrir as páxinas da prensa de cada organización, no noso caso de Izquierda Diario, para iniciar o debate sobre os principais problemas de intervención política, programa e estratexia que se mostran na situación política no Estado español, europea e a nivel internacional. Poder debater fraternal y publicamente, de cara á nosa militancia e os sectores de vangarda, é un primeiro aspecto clave para poder ir clarificando acordos e diferencias.
2) En segundo lugar, fronte ao proxecto de restauración reaccionaria en curso que ten como punta de lanza a ofensiva do Estado en Catalunya, dende a esquerda revolucionaria e anticapitalista poderíamos impulsar una campaña política común –con declaracións, materiais de axitación, actos públicos, etc.- denunciando a ofensiva represiva contra o pobo catalán, esixindo a liberdade de todos os presos políticos e combatendo o intento antidemocrático do Goberno e a Xudicatura de impedir a investidura de Carles Puigdemont, un atentado sen precedentes contra o dereito dos cataláns a elixir ao seu presidente. Ao tempo, defender o dereito do pobo catalán a constituír a súa propia república e a necesidade de que esta batalla se impoña mediante os métodos da loita de clases, con independencia da dirección burguesa e pequenoburguesa catalá e na perspectiva de loitar por una república catalá socialista e unha federación de repúblicas socialistas en toda a península ibérica. Unha posición na que diferentes organizacións coincidimos no último período e que é perentorio que loitemos por que apareza coma unha posición alternativa e independente das “follas de ruta” fracasadas de Podemos e a CUP.

3) Por último, fronte ao paro e a precariedade laboral que sigue azoutando a millóns de traballadoras e traballadores en todo o Estado, consideramos que sería preciso impulsar unha gran campaña estatal polo reparto das horas de traballo sen redución salarial. Unha demanda transicional de total vixencia, que ademais constitúe unha alternativa aos programas redistributivos e cidadanistas como o da “renda básica universal”, que veñen gañando peso nos movementos sociais e sectores da esquerda sindical.

De avanzar nesta perspectiva, non descartamos que un proceso de achegamento poda sentar as bases para articular unha iniciativa electoral que conforme un polo anticapitalista e de independencia de clase de cara ás municipais do 2019, pero achamos que o reagrupamento revolucionario que hoxe precisamos non pode basearse só en principios xerais nin en acordos circunstanciais, se non que debe partir de acordos fondos no terreo do programa e a perspectiva estratéxica que a crise capitalista internacional e a crise do Réxime do 78 puxeron no debate para a esquerda do Estado español.

Este chamamento ten o obxectivo de mostrar o problema e ser un incentivo ao debate fraternal, a partires do cal podan desenvolverse os núcleos estratéxicos e programáticos que, xunto coa proba da práctica política e a loita de clases, permitan delimitar no campo da esquerda unha estratexia verdadeiramente revolucionaria.

A 100 anos da Revolución de Outubro e 50 anos do Maio francés, a tarefa dos socialistas revolucionarios non pode ser outra que facer os máximos esforzos para que a clase obreira mude nunha forza hexemónica e constrúa un gran partido revolucionario de combate, capaz de ofrecer unha solución íntegra e efectiva ás reivindicacións do conxunto do pobo traballador, co obxectivo de derrotar ao poder da burguesía e conquistar un goberno da clase traballadora.

Contacta coa CRT! Escríbenos a info@izquierdadiario.es






Temas relacionados

CRT   /   Estado español   /   Izquierda Revolucionaria   /   Neorreformismo   /   Unidos Podemos   /   IzquierdaDiario.es   /   Política Estado Español   /   Extrema izquierda   /   Izquierda independentista   /   CUP    /   Izquierda de los trabajadores   /   Iglesia Estado Español   /   Frente de Izquierda   /   Transición española   /   Izquierda Anticapitalista   /   Izquierda Unida   /   Podemos   /   Izquierda española

Comentarios

DEJAR COMENTARIO