SOLIDARIEDADE

Non ao desaloxo do Centro Social Autoxestionado “A Insumisa”!

Desde esta mañá, a policía da Coruña, concello “do cambio” dirixido pola Marea Atlántica, tenta desaloxar o Centro Social Autogestionado “A Insumisa”. A pesar da brutal actuación policial, manifestantes seguen cercándoa e impedindo o desaloxo. Sumámonos aos numerosos chamamentos de solidariedade.

Jueves 24 de mayo | 11:35

En castellano

En este mesmo intre, a pesar da brutalidade policial e as reiteradas cargas, son cada vez máis os que acoden a defender o Centro Social Autogestionado coruñés de “A Insumisa”. O desaloxo da antiga Comandancia de Obras, noutro tempo un recinto militar, está a producirse pola forza e de forma violenta cun gran dispositivo policial. Especialmente hipócrita e lamentable que sexa a Marea Atlántica de Xulio Ferreiro a que estea detrás da actuación policial, cando non fai demasiado se expresaban así:

Tuit de Rocío Fraga, actual Concelleira de Seguridade cidadá.

O propio colectivo da Insumisa está a facer un chamamento a través de redes sociais para concentrarse masivamente e impedir o desaloxo do centro, ás portas da Comandancia de Obras a partir das 20.00 horas. Sumámonos ao mesmo. Ata os máis elementais dereitos democráticos; ata o dereito ao lecer, está en cuestión, baixo a ofensiva represiva do Réxime do 78, esta vez da man dun concello “do cambio”. A mocidade dos barrios obreiros xa temos moi claro cal é o carácter dos que onte dicían loitar contra o Réxime e hoxe múdanse a luxosos chalés da serra madrileña. A loita, a organización e a mobilización de masas será o noso único e mellor recurso fronte ao seu asedio reaccionario.

A Insumisa non se pecha!
Todos e todas á loita!






Temas relacionados

Ayuntamientos del cambio   /   Okupas   /   Galicia   /   Autogestión   /   Libertades Democráticas

Comentarios

DEJAR COMENTARIO