Géneros y Sexualidades

PAN Y ROSAS

¡Este 8M as mulleres imos paralo todo! Xunto á clase traballadora e a mocidade!

“Ao berro de ‘ni una menos, vivas nos queremos’ que lanzaron as mulleres arxentinas levouse a cabo a primeira folga global de mulleres de traballo produtivo e reprodutivo o 8 de marzo de 2017. Millóns de mulleres de 70 países, dende Arxentina a Polonia, dende Turquía a Estados Unidos, dende Brasil a Italia pasando polas nosas terras, contaxiámonos e ocupamos as rúas para facer visíbeis os nosos traballos, as nosas reivindicacións”.

Pan y Rosas Estado español

Estado español | @PanyRosasEE

Miércoles 31 de enero | 18:24

Pan e Rosas Estado español

Estado español | @PanyRosasEE

Ante iso, o movemento de mulleres e feminista no Estado español proponse, “En 2018 queremos chegar máis lonxe e visibilizar cunha folga máis ampla que a do 2017 a nosa forza, a nosa rabia e dor e á vez a nosa alegría compartida de sabernos fortes”. Inmersas en múltiples debates, o obxectivo común é actuar coma “un movemento internacional diverso que planta cara ao orde patriarcal, racista, capitalista...”

Así se expresa na convocatoria á folga feminista polas asembleas do 8M. As socialistas revolucionarias de Pan e Rosas participamos activamente das Xuntanzas estatais, asembleas e comisións para preparar esta gran xornada ata o 8M, sendo parte dos múltiples debates sobre cal é a estratexia e o programa político que debe asumir.

As mulleres á fronte polos nosos dereitos, contra as políticas de axuste e precariedade de millóns no mundo

Un dos debates é sobre se debemos expor reivindicacións exclusivamente de mulleres, ou tamén reivindicacións políticas e sociais contra as consecuencias da crise, como afecta ás mulleres a corrupción, as reformas laborais, a privatización da educación pública, a separación da Igrexa e o Estado, reivindicacións democráticas como la denuncia ao artigo 155 que reprime ao pobo catalán, etc.

A enorme simpatía que espertan as masivas manifestacións das mulleres a nivel mundial evidencian que as protestas non expresan só un reclamo por demandas propias das mulleres, se non que serven tamén como canal de expresión do descontento de millóns de traballadores e estudantes coas políticas de austeridade, axuste e precariedade que a clase capitalista e os seus gobernos están descargando sobre os nosos ombros.

Trátase dun debate fondo sobre que suxeitos políticos e sociais poden levar ao triunfo as tarefas emancipadoras da meirande parte das mulleres. Para as mulleres de Pan e Rosas o gran desafío é incluír as reivindicacións da maioría das mulleres, as mozas, probes e traballadoras, como parte desa "clase traballadora que move o mundo" de conxunto.

Nos últimos anos no Estado español houbo grandes loitas que mostraron a enorme capacidade e enerxía das mulleres traballadoras como as de Panrico, Coca Cola ou As Kellys, Berska ou empregadas domésticas, loitando nas rúa polo dereito ao aborto libre e de balde, contra a violencia de xénero e mobilizándose o 8 de marzo, o 25N e polos dereitos das persoas LGTBI.

Tamén frearon desafiuzamentos, apoiaron folgas estudantís e se coordinaron con outras folgas. É dicir, transcenderon a loita do seu centro de traballo. A través da folga como ferramenta de loita, puideron expresarse outros sectores explotados e oprimidos da sociedade e responder aos grandes problemas sociais que xofren a maioría das mulleres.

Outro debate central é respecto aos sindicatos e a folga do 8M. Moitas mulleres e organizacións expomos que é preciso que os sindicatos chamen a unha folga xeral para garantir unha forte xornada de loita e mobilización o 8M, outras mulleres prefiren facer folga sen os sindicatos, xa que non se senten representadas.

La realidade é que durante décadas las direccións dos grandes sindicatos perpetuaron a división da clase traballadora entre homes, mulleres, sectores precarios, inmigrantes, etc., e nesta división, as traballadoras atópanse á marxe nas organizacións sindicais. Por exemplo, existe unha gran cantidade de traballos de alta precariedade que non figuran na base de datos da Seguridade Social, moitas veces sen contrato nin nómina fixa: coidado de nenos, de anciáns, limpeza, entre outros, que recaen nas mulleres e sobre todo mulleres inmigrantes.

Ademais, o sistema capitalista tamén se perpetúa en base á situación de millóns de mulleres no mundo que, cando saen do seu posto de traballo diario (fábrica, oficina, centros de traballo diversos), continúa a súa "xornada laboral" (tarefas de reprodución) no fogar.

O reto inmediato do movemento feminista e de mulleres es pelexar por superar esas divisións. Isto non significa de ningún modo diluír as reivindicacións propias nin renunciar ás organizacións propias das mulleres. Todo o contrario, significa fortalecelas. Intentar recuperar os sindicatos como organizacións de loita contra todas as opresións, en base a asembleas democráticas e combativas, contra os planes da clase capitalista mais tamén contra o machismo nos centros de traballo e o acoso laboral e patronal.

Finalmente la maioría dos sindicatos de esquerda o alternativos chaman á folga o 8M, mentres CCOO y UGT só convocarán paros de dúas horas, un será pola mañá e outro pola tarde. Esta posición de CCOO y UGT debilita ao movemento de mulleres, e debemos seguir esixindo que convoquen a unha folga de 24 horas.

Tamén é necesario que as reivindicacións das mulleres sexan abrazadas polo conxunto do movemento estudantil, que se propoña loitar por unha educación ao servizo das mulleres, a clase traballadora e a mocidade sen futuro. Que comece por cuestionar as institucións educativas, e por exemplo loitemos por democratizar radicalmente as universidades, por maioría estudantil nos órganos de goberno, por comisións independentes de mulleres, por terminar co traballo precario nas universidades, contra o aumento das taxas, etc. Impulsemos asembleas e espazos de debate para preparar este 8M e organizar ao movemento estudantil xunto á traballadoras e traballadores.

Reconstruír alianzas entre o movemento feminista e o conxunto da clase traballadora e a mocidade

Un dos grandes debates é se a folga de mulleres debe contar con alianzas doutros sectores, ou deber ser exclusiva de mulleres, sen a participación ou apoio dos homes, as organizacións sindicais, políticas e sociais. E de aí que tipo de folga sería: ¿de mulleres, feminista ou xeral?

Para Pan e Rosas, recompoñer a histórica alianza entre o movemento de mulleres e o conxunto da clase traballadora e explotada xunto á mocidade, é unha tarefa ineludible para poder levar ao triunfo as nosas demandas, contra o patriarcado e o capitalismo.

E é así que participamos na folga de mulleres coa perspectiva de construír esa alianza. O movemento precisa múltiples accións e iniciativas, e as propostas como a folga de consumo e a folga de coidados poden axudar a facer visíbel a opresión patriarcal.

Mais coa paralización de toda a produción capitalista, afectando ás ganancias, paralizando o transporte, os bancos, as empresas e as comunicacións -con todos os métodos que isto implica, piquetes, ocupación de fábricas e centros-, ponse en cuestión nos feitos o dominio capitalista da produción. E así as máis precarias, as amas de casa recluídas en fogares individuais, as persoas en situación de prostitución, as mozas sen futuro, as inmigrantes arroxadas á marxinación e a pobreza, poderán comezar a facer que “a terra trema”.

Achamos que esta alianza non pode construírse nin convertendo a loita anti-patriarcal nunha loita “anti homes”, nin tampouco facendo caso omiso ao feito de que entre as clases explotadas, existe tamén machismo e a opresión duns sobre outras.

Mais do mesmo xeito, tamén temos que ter en conta que as conquistas que as mulleres arrancaron ao capitalismo con décadas de loita non repercuten de igual modo na vida de todas as mulleres, e que moitas veces nin sequera supón un beneficio para a maioría de nós. E por iso convén sinalar, que o mesmo sistema que nos oprime e explota, utiliza con hipocrisía os padecementos e as demandas das mulleres para que “algunhas” avancen mentres somos a maioría as que seguimos padecendo las enormes desigualdades sociais que nos ofrece o sistema capitalista e patriarcal.

¿Ou é que a vicepresidenta Soraya Sánchez de Santamaría do PP ten algo que ofrecer á meriande parte das mulleres? O seu programa e política estivo sempre do lado da clase capitalista e as institucións conservadoras más rancias como la Igrexa, en contra do dereito ao aborto e as persoas LGTBI.

A nosa loita antipatriarcal debe ser tamén anticapitalista

Para Pan e Rosas a nosa loita debe ser tamén contra o capitalismo patriarcal, nun contexto mundial marcada pola crise capitalista. O aumento da violencia machista, os feminicidios, a discriminación, a precariedade e acoso laboral mostran que a emancipación das mulleres non consiste simplemente na conquista gradual de dereitos dentro do réxime político e que, unha vez acadados, as mulleres serían responsables, “individualmente”, da vida que elixen ter, tal como nos propón o feminismo institucional liberal.

Un feminismo que no Estado español foi representado por partidos como o PSOE defendendo reformas legais de “igualdade” que mudan en “desigualdade” fronte aos recortes e reformas laborais perpetuadas por todos os partidos e gobernos.

Este feminismo ten en común co do neorreformismo de formacións como Podemos, o intento de arrancar ao movemento de mulleres da súa crítica social máis aguda e separar a loita antipatriarcal da loita anticapitalista. E así abandonan a loita contra o sistema social no que nace, lexitímase e reprodúcese a subordinación e a discriminación.

Un sistema que non permite eleccións de “liberdade individual” á maioría das mulleres: as traballadoras, pobres ou precarias. Un sistema social baseado na explotación e opresión de millóns de seres humanos pola clase minoritaria e parasitaria dos capitalistas.

¡Que a terra volte a tremer!

As mulleres de Pan e Rosas do Estado español somos internacionalistas e anti imperialistas. Presentes tamén en Arxentina, Brasil, Bolivia, Chile, Uruguai, Perú, México, Venezuela, Francia, Alemaña e Estados Unidos somos parte destes debates abertos dende a nosa propia experiencia militante nos movementos de mulleres nos diferentes países.

Tamén contamos con ideas, programa e estratexia, que concentran a experiencia que herdamos de outras xeracións de revolucionarios e revolucionarias marxistas, como as que un 8 de marzo de 1917 deron inicio á Revolución Rusa hai 100 años, a experiencia máis avanzada da historia da clase obreira, e outras tantas e tantos que nos precederon na loita por derrocar este réxime social baseado na explotación e a opresión.

Como parte deste gran desafío, cara o próximo 8 de marzo seremos parte activa deste movemento. Para que esta folga convértase nun feito resoante, ao tempo que impulsamos a organización das mulleres de forma independente dos gobernos e partidos capitalistas, pelexamos por pór en pé un gran movemento de loita, en alianza coa clase traballadora e a mocidade, homes e mulleres.

Invitámosche a organizarte con nós para que se escoite o noso berro: Non pedimos, ¡esiximos!, ¡o noso dereito ao pan, mais tamén ás rosas!






Temas relacionados

#8M   /   #ParoInternacionalDeMujeres   /   #EncuentroNacionalMujeres   /   feminismo socialista   /   Movimiento de mujeres   /   Mujeres en lucha   /   Feminismo   /   Géneros y Sexualidades

Comentarios

DEJAR COMENTARIO